martes, 17 de septiembre de 2013

Intervención na Veiga. Presentación del libro "Cuando los Ferreiros Forjan Museos. Diario de un Quijote"


30 agosto de 2013


Fará po lo menos sesenta anos, sendo mui neno, salín de Grandas por primeira vez. Foi un viaxe que, naquel momento, parecéume que nun se acabaría nunca. Pero será mellor que eo lles conte:

A Veiga, entonces, peime que taba máis lonxe; tanto que aquel coche de línea parecía que non daba chegao. Salías as seis da mañá de Grandas e chegabas pouco antes del almorzo…

Cuando un é novo, ou pequeno, parece todo grande. Cuando eres vello ou grande é al revés: todo é pequeno. Hasta os días rinden menos que cuando se iba a escola ou taba un coas vacas. Así quén entende este mundo, unde todo anda tan axina. Hasta algún fala pa que nun lo entendan.

Decía que tou aiquí pa presentarlles un libro. Pero mais que un libro, é a historia de un Museo, que ben ou mal fexen, ou faemos, en Grandas. É a historia de aquel feito, cuando se foi faendo; de aquelo que debera ser feito po los que mandaban en Oviedo, e peime que nun sabían. ¡Pero o que sí sabían ben era faer mal! Faer faían ¡oh!: a zancadilla pa ver si encebelaba. ¡Como as pitas, que lo que nun comen escarrapátanlo! Aunque pouco mais deo que escarrapatasen: ¡el Museo ahí ta!, e a historia daquel momento ta neste libro. Nestas páginas, aunque ten revoltas  entre elas, dícennos lo mal que lo pasou aquel ferreiro pa demostrarlles a aquelos fatos de Oviedo, cómo tía que ser contada a nosa historia.

E aunque pareza que cada pouco cambio de cháchara, vou contar antes a sembranza daquel viaxe primeiro. Despós, si queredes, falamos del libro, non vaia ser que pase como aquel outro que dixo: -E del meo libro ¿Cuándo falamos?

Veredes ¡oh!, daquela ocasión que era tan neno, salín da mía aldea, del sito unde nacera, no coche de pola mañá. ¡Tan cedo que inda nun se vía! ¡Home! ¡Cómo sería que hasta penséis que a lua nun era a misma que a de Grandas! Chegamos a Barbeitos e alí fomos pa casa de Silverio, el ferreiro. Maripepa fezo café. Era a madre de Ovidio, a bola de Ovidín, el que ten, na corte que foi das vacas, a cantina. Chámolle así porque antes chamábase así. Derriba da cantina, ta el comedor dos días de festa; ¡Hai xa! Pero ahora úsase todos os días. Antes foivos pallar.

¡Tíache bon vagar de seguir de corte e pallar e choer alí a os que eo sei!- como os burros-

Alí en Barbeitos, había que esperar a que chegase el coche de línea que vía del Rizo, da Fonsagrada e iba a Veiga. ¡Éravos un coche de viaxeiros comodísimo! Sí, ¡oh! ¡En él viaxaban hasta animales! ¡Tíavos asientos de madera como os del Toural! Eran de barrotes. Eu, como taba mui fraque, despós de andar naquel coche polo menos hasta el Mesón Novo, xa me dolían as cachas ou os hosos.

El caso é que aquel coche paraba na Manceba, nos Amieros, en Santalla, nas Poceiras (penso que lle chamaban Millarado), en Barcia, en Teixeira, na Garganta, e en todos cuantos sitos houbera cantina. Claro que da Garganta pa baxo, como era costo, ¡vaia cómo corría! Pouco máis deo que parase nas curvas de Graña, en Paramios, na Espía, ou en Castromourán, ¡andaba tan axina, que chegamos antes del almorzo aiquí, a Veiga!

Vir daquel pueblo que era el meo, e dar de fucíos con A Veiga, faivos ¡mialma! quedar afatao. ¡Home!, ¡cómo sería que eo penséi que taba en ua ciudá! E peime que digo ben: ¡Era ua ciudá comparada con Grandas!

¡Qué envidia sentín al ver un sito que había de todo! ¡Aquelos talleres, como forxas grandes de ferreiro, unde traballaba muita xente! mecánicos, ferreiros… Ferreterías, comercios….¡de todo, e hala! ¡Menudo estronqueladoido! ¡E xente, oh! ¡Virxen santísima! Xa na mais entrar, víase ua calle larga que metía medo. Alí taba a casa de Reguera, el Coxo. En ésta compraba dalgúa das veces ferro meo padre. Non muitas, porque nun levaban ben él e meo padre; porque nun hai coxo bon, e éste peime que era enrevesao.

¡Aquela calle que me pareceo grande, nun era nada. Xa verán as que taban mais aló.

Na mais pasar a esquina a esquerda…¡oh virgen! Evos algo curva, pero como daquela nun andaban muitos coches, a xente íbamos pola calle os días de mercao ¡Nun vos era nada os sábados de mercao! Pero ¡arrenego del demo! ¡Quén iba a decirlle aquel neno, que un pouco mais aló, había outra que era como cuatro carreteras de Grandas de ancha que era! Encima, con a xente que había, nun se sabía a unde chegaba. As casas taban pa un lao, e pal outro el Ayuntamiento e a Iglesia. Hai que poñelo con mayúsculas, porque daquela como ahora, ¡faían trembar!

Un pouco mais aló da casa de Vixande (unde faían libras de chicolate), taba ua tienda de zapatos. El escaparate tía espellos, pero eo nun lo sabía, el caso é que mira que mira, fun andando, andando hasta que din de fucíos contra a parede. ¡Claro, había tanto calzao novo! Ríuse de mín meo padre e el que iba con él; encima ¡a chea de xente que había!. Pero… ¿quén pensaba que a culpa tíanla os espellos?

El caso é que despós, anda que anda, chegamos a casa del Galocho. Pasamos delante daquel taller que lle chamaban Coldeira. E peime que un pouco mais aló, taba el que era de Fernando dos potes. Sí ¡oh! Aquél que fundía tamén ovos e sapos de molín.

Unde el Galocho había ua chea de ferreiros. Algús taban estirando ferro naquelos martelos neumáticos que eo nunca vira. Como nun tía ferro, compróulo meo padre na casa de Reguera; e despós fomos comer a casa de Sandalio. Non me gustou el almorzo, pero é igual, foi que eo era mal comedor.

E falando outra vez de ferro: ¿sabedes que un ferreiro, daquela, tía que traballar 30 kilos de ferro, faendo clavos, e casi 50 si eran fijas pa as vías de ferrocarril pa ganar el jornal?

Tempo despós de lo que tou contando, conocín cousas importantes na Veiga. É por eso polo que me costa traballo entender como daquela época de esplendor se pasou neste pueblo a tal decadencia. ¡Claro que si lo comparamos con outros sitos ten explicación ¡Heredaron os señoritos que non lles costóu traballo faelo!

Na información adquirida mais tarde, ta a daquelos del outro lado da Ría. Alí taba el taller del padre de Ángel, unde faían de todo. Deste taller levei cousas pal Museo. Tía, a parte da serra mecánica, el banco de carpinteiro, ferramenta de ferreiro que gracias a él tan hoi alí.

Tamén nel de Coldeira recollín ferramenta. Pero vou seguir mais aló pola avenida que lle chaman de Asturias ¿Alguén entende por qué lle chaman de Asturias, si esta provincia nun se acaba hasta el puente de Porto? ¡Farán como na Fonsagrada, que lle poeron avenida de Galicia a que ven de Lugo!

E volvendo a necear con os museos ¡Ai oh! Eo ben sei que nun tan os tempos pa faer nada. Tuvemos us despilfarradores e corruptos gobernando e nun deixaron nin el filo pa atar. ¡Claro! ¡Qué filo iba quedar pa tanto chorizo! Pero bueno, volvendo aló con el tema:

¿Nun taría ben que aiquí, na Veiga, se recollera aquelo que pertenecéu a outra época mais floreciente? Núa das muitas veces que por aiquí paséi, tiven falando con María Antonia, a da fábrica de chicolate de Vixande (falando cuando me deixou). Eo, daquela, apetecíame que aiquí, na Veiga, poesen a funcionar outra vez as máquinas de faer as libras de chicolate con el cacao  que vía de fora. Pero claro: ¡pueblo pequeno inferno grande! E claro, nun oubo nada que faer! Bueno, como hai muito cacique e cacica lo que sí querían faer era ua calle por detrás da tienda ¡Estos gobernantes de noso, hai que ter muito cuidado con elos: danlle a calquera un disgusto por detrás! Quero decir por detrás da tienda. El caso é foder a os outros. Ou al que nun xipre como elos ¡Dáldamo al demo e a elos! ¡Lévelos Xudas! Pensaba eo que en morrendo el caudillo iban acabarse os caciques ¡Peime que hai mais e mais ruíos! A lo mellor é que son fatos. Bueno, lo que hai é que decirlle a María Antonia que hai que poer eso a andar.

Víavos pola carretera de Asturias, e ¡mialma perdínme! Con lo de os museos e os que faen como as pitas; casi nin macordo unde iba.

¡Ai! ¡Sí! ¡Oh! Naquela carretera ta el taller que foi de Victor. Faían alí máquinas de mallar, e reformaba aquel home motores de gasolina pa gasoil. Nun sei lo que alí queda, pero era ben recoller al menos, a sua memoria. (si é que alguén la escribiu)

Conseguira eo ua daquelas maquinas, el motor Lister e a limpiadora. Todo aquelo vendeóselle a José Mª de Samartín de Ozcos. Peime que é el único que sigue labrando trigo.

Por certo,  “pensa el ladrón que todos son da súa condición”, e aquelo que costara el equipo foi lo que se lle cobrou. ¡Os cuartos quedaron nel Museo, pa que outro os limpiara!

Agora, o que queda é amañar algo de Museo na Veiga, e decir que nel libro ta a historia del que fezo el de Grandas e tamén cómo ua capilla é algo máis que el culto religioso; lo que se aprende na escola; a historia del reló del pueblo; por qué son iguales as ferraxes da catedral de Lugo,  a iglesia de Tineo e a de Grandas; cómo gracias a os amigos se fezo el Museo; cómo as pedras de Salime flotaron e tamén, por qué nese pueblo non tein luz. En fin, cousas que el ferreiro ve, e a lo mellor nun tein importancia.

Lo que sí podo decir, é que cuando un ferreiro forxa un Museo, non todos lo aproban.

Si queredes preguntar algo que eo sepa, aiquí tou.

Gracias a todos, haxa salú



No hay comentarios:

Publicar un comentario